Nueva Escuela Deportiva VSK

Hola a todos. Presentamos la nueva escuela de Hockey patines, un nuevo proyecto apoyado por los clubs de la ciudad.


Queremos que nuestro deporte se expanda por los colegios y nuestra escuela de Bouzas, con monitores con mas de 20 años de experiencia en el deporte. Las instalaciones de Bouzas son las mejores para la practica de este deporte.

La escuela se orienta para iniciación de niños y niñas de 4 a 8 años .Empezaremos con la apertura del curso el mes de Septiembre, pero ya podeis ir informándoos a través de esta web, en facebook, y a través de escoladeportiva@vigostick.eu , así como ir inscribiendose con el formulario de inscripción que se adjunta a continuación.

¡Esperamos a los más peques de la casa en Bouzas!

(click en cartel para  ampliar)





Secretaría Xeral para o Deporte co VSK

A Secretaría Xeral para o Deporte patrocina con máis de 600.000 euros os equipos de alta competición da provincia de Pontevedra

O secretario xeral para o Deporte asina en Pontevedra e Vigo as adxudicacións dos patrocinios ás 23 entidades beneficiarias da provincia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou o pasado martes en Pontevedra e Vigo as adxudicacións ás 23 formacións deportivas beneficiarias da primeira fase do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2010/11. Os clubs da provincia de Pontevedra recibirán máis de 600.000 euros, do 1,6 millón de euros destinado a esta primeira fase do plan, que está dirixida aos clubs que participan en competicións en sistema de liga regular. Non primeiros meses do ano 2011 asinaranse os contratos cos clubs da segunda fase, que son aqueles cuxa competición máis relevante aínda non comezou.

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por segundo ano consecutivo. A marca Deporte Galego irá esta temporada acompañada pola de Galicia Calidade nos soportes publicitarios dos equipos adxudicatarios, en substitución da do Xacobeo que se empregou a pasada campaña.

Con esta actuación a Secretaría xeral para o Deporte quere apoiar aos equipos galegos de Alta competición, nun momento no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa privada. Estes equipos, que soportan a base do deporte de Galicia, promocionarán o Deporte Galego e a marca Galicia Calidade no ámbito nacional e internacional.

O requisito para ser beneficiario deste plan é contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel nas modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente. Quedan excluídos os participantes nas recoñecidas como ligas profesionais, a 1ª e 2ª división de fútbol e Liga ACB de baloncesto.


Sinatura cos 23 equipos beneficiarios da provincia de Pontevedra


As entidades beneficiarias dos patrocinios da provincia de Pontevedra repártense un total de 625.581 euros, que se distribúen entre as seguintes entidades: Asociación Deportiva Cortegada, Club AMFIV, Bádminton As Neves, Club Bádminton Estradense, Club Baloncesto Arxil, Club Balonmán Atlético Guardés, Club Balonmán Cangas, Club Balonmán Porriño, Club Deportivo Bosco, Club Poio Fútbol Sala, Club Vigo Rugby Club, Club Vigo Voleibol, Coruxo FC, Erizana CF, Fed. Peñas Recreativas El Olivo, Fundación Celta de Vigo, Halcones de Vigo Béisbol Club, Leis 26 FS, Pontevedra CF SAD, Pontevedra CF SAD feminino, Sociedad Deportiva Octavio Vigo, Sociedad Deportiva Teucro e Vigo Stick

Cartel do 13-11-10

Vigo Stick fem vs. Areyns de Munt

A OK Liga Feminina chega a Vigo! As chicas do VSK debutan mañan Sábado 30 de Outubro no Pavillón de Bouzas, as 18:00h, fronte o CD. ARENYS DE MUNT. Non podedes faltar! Mas info en http://vsktraviesas.blogspot.com/

Imos aló!

Mais vale tarde ca nunca. Imos comezar a rodar online outra vez! Con que? Pois para comezar, co mínimo e indispensable... Información básica!

Que é do VSK este ano? Pois temos tres lados

Por un, os equipos da base seguen a xogar e xa estan metidos na liga e levan un par de xornadas en activo, e se pode seguir a información dos partidos no blogue http://vsktraviesas.blogspot.com
 ou na web da Federación Galega www.fgpatinage.com

Doutra banda, o equipo senior, tras descender o ano pasado a Segunda categoria, afronta este ano a liga autonómica, houbendo disputado xa dúas xornadas cunha victoria e unha derrota. Mañan Sábado 23, ás 20:15 debutaran no Pavillón de Bouzas, na terceira xornada fronte o H.C. Borbolla. Informate tanto no blogue anteriormente dito, como na Federación Galega, ou na mesma web do vsk www.vigostick.eu

Este ano quedamonos sen competición nacional? Non! As chicas do Feminino Inauguran este ano a OK Liga feminina, a máxima categoría a nivel nacional. O fin de semana pasado debutaron en Cataluña, con dous derrotas pero cos animos ven altos, agardando a terceira xornada o sábado 30 para debutar en Bouzas para a aficion local.

Seguiremos informando!